Espazo aberto de reflexión e debate sobre política e sociedade. Queremos facer visibles ideas, vivencias e aprendizaxes que deseñen un novo mapa do posible.
M de mobilización
Porque sabemos que só desde os nosos barrios, as nosas vilas e as nosas aldeas podemos construír as alternativas que confronten o neoliberalismo que atenta contra a vida, o fascismo que ataca a diversidade nas nosas rúas, e o patriarcado que vulnera os nosos dereitos, os da metade da veciñanza.
M de Municipalismo
Porque entendemos o municipalismo como unha das ferramentas coas que contamos para radicalizar a toma de decisións e devolver cotas de poder ás maiorías golpeadas por esta estafa que chaman crise e que hoxe se presenta de novo con toda a súa violencia.
M de mudanza
Porque só entre todas seremos quen de construír realidades máis xustas, humanas e sostibles.