O 9 de novembro de 2018 celebramos o #magostodiverso no barrio da Agra do Orzán. Na Asociación M queremos facer cidade, facer barrio e facer comunidade. Para iso contactamos con múltiples asociacións e colectivos activos do barrio, sendo invitadas a participar e festexar todas xuntas organizacións como: Equus Zebra, Viraventos, Centro Tomás Barros, Ecodesarrollo Gaia, Yarama África, Mamá Africa, Agra Humanista, SOS Racismo Galicia, Restaurante Peruano Margarita, Danzalia Mundi, Asociación África Universal, AAVV Agra, AAVV Ventorrillo, AAVV Mariñeiros, Asociación Área Comercial Ás Conchiñas, Asociación Comercial Rúa Barcelona, Manicómicos, etc.
Continuar lendo “Magosto 2018- Magosto diverso na Agra do Orzán”Galería Magosto 2018
EMO – Retos para o municipalismo en catro bloques: feminismos, enerxía, economía e vivenda
Encontro aberto
Participan:
Bloque de Economía
Carlos Sánchez Mato
Concelleiro nas Xuntas Municipais dos Distritos de Vicálvaro e A Latina, Madrid
Bloque de Vivenda
Estefanía Calo
Socióloga e doutora experta en vivenda, profesora da UDC
Bloque de Feminismo
Saínza Ruiz
Concelleira de Mocidade, Benestar social, Igualdade e Muller en Ferrol
Bloque de Enerxía
Antón Sánchez
Vicevoceiro de En Marea no Parlamento Galego
Tras 3 anos da chegada ás institucións por parte das candidaturas municipalistas, algunha acadando posicións de goberno e outras
exercendo oposición, toca facer balance do percorrido levado a cabo, dos puntos fortes e dos débiles, e analizar os retos a afrontar no futuro. Neste faladoiro exporemos os grandes desafíos para os anos vindeiros: economía, feminismo, enerxía e vivenda.
Inscripcións en EMO 2018
EMO – Presentación do libro “Del ecomunicipalismo a las puertas de la cárcel”
Encontro aberto
Participan:
Laura Arroyo
Reacciona Talaveruela.
Alberto Cañedo
Exalcalde de Carcaboso e autor do libro.
Loita e traballo. Así define as políticas de Extremeños Carcaboso Alberto Cañedo, excaldalde do municipio cacereño e autor do libro Del ecomunicipalismo a las puertas de la cárcel. Condenado por varias sentenzas xudiciais a 17 anos de inhabilitación e coa obriga de pagar máis de 120.000€, atópase agora a piques de entrar en prisión polas políticas ecoloxistas que puxo en marcha durante o seu mandato, enfrontando intereses das elites locais e autonómicas.
Inscripcións en EMO 2018
EMO – Obradoiro de Facilitación
Obradoiro aberto (previa inscripción)
Participan:
María Martínez Quintana
Mediadora e facilitadora de grupos. Coordinadora do Grupo de Mediación da Marea Atlántica
Brais García Fernández
Sociólogo especializado en democracias e metodoloxías para a participación
Que tipo de organizacións queremos para facilitar que se cumpran os obxectivos do colectivo coidando á vez ao grupo humano? Que
tipo de activismo e militancia buscamos dentro das organizacións? Que ferramentas aplicamos e cales podemos aplicar na procura dunha participación sostible, sana e produtiva? Estas son algunhas das preguntas que tratemos de responder de xeito colectivo no obradoiro. Se estás nunha asociación ou organización e queres explorar as viabilidades.
Inscripcións en EMO 2018
EMO – Obradoiro de Mobilización
Obradoiro aberto (previa inscripción)
Participan:
Enric Bárcena
Membro da executiva de Barcenola En Comú e da plataforma vecinal Fem Sant Antoni
Bea Martínez
Concelleira do Districte d´Horta-Guinardó – Barcelona
Despois do período de grandes mobilizacións cidadás durante os anos 2012 a 2014, vivimos uns anos de refluxo, onde o protagonismo dos impulsos de ilusión e cambio e trasladaron cara a batalla institucional. Porén, no último ano estase a experimentar unha recuperación da pulsión fóra das institucións, co movemento feminista e a loita das pensións como puntas de lanza. Como lograr unha gran mobilización ao redor dos grandes desafíos que debemos afrontar no municipalismo no futuro máis próximo?
Inscripcións en EMO 2018
EMO – Obradoiro de participación
Obradoiro aberto (previa inscripción)
Participan:
Laia Forné Aguirre
Asesora da Concellaría de Participación e Territorio de Barcelona
Son as sociedades máis xustas canto máis participadas? Que ten que significar a participación para acadar unha sociedade máis
xusta? Participación é unha desas palabras que se repiten desde 2011 con forza. Entre as demandas do 15M atopábase a dunha maior participación da cidadanía na vida pública, ben promovendo ILPs, referendos… Todo tipo de organismos se sumaron ao mantra da participación e con todo, pouco nos temos parado a examinar o seu significado.
Inscripcións en EMO 2018
EMO – Obradoiro de comunicación
Obradoiro aberto (previa inscripción)
Participan:
Mariano Fernández Cabarcos
Red Estatal de Medios Comunitarios
Cris Díaz Pardo
Equipo de Prensa Concello de A Coruña
Inés Dopazo
Equipo de Prensa do Concello de Compostela
Como xestionar a comunicación nas nosas organizacións nun escenario no que os grandes medios de comunicación usan todo o seu poder para atacar as alternativas de ruptura? Como enfrontar a deriva das fake news e do uso masivo de algoritmos e datos privados para que as elites coloquen as súas mensaxes e a súa propaganda? Como aproveitar as redes sociais para comunicar as necesidades de cambio? Que papel xogan e poden xogar os medios comunitarios e a prensa alternativa?
Inscripcións en EMO 2018
EMO – O ciclo político no Estado: límites e potencialidades do asalto institucional
Encontro aberto
Participan:
Celtia Traviesas
Asociación M
José Mejias
Ganemos Jerez
Sabela Pérez
Marea Atlántica
Enric Bárcena
Barcelona en Comú
Martiño Xosé Vázquez
Ourense en Común
Laura Arroyo
Reacciona Talaveruela
Transcurridos xa casi catro anos dende o asalto institucional da primaveira de 2015, e unha vez contrastada a hipótese municipalista co exercicio do poder e das labores de oposición nos concellos do Estado, compre analizar as luces e as sombras deste ciclo, así como avaliar o estado da ferramenta municipalista de cara a novos retos. Segue vixente a hipótese municipalista? Aínda nos serve a ferramenta para afrontar o novo ciclo?
Inscripcións en EMO 2018
EMO – O auxe dos fascismos en Europa
Encontro aberto
Presenta:
Sara Ribeiro
Espiral – Mocidade Republicana Galega
Participan:
Miguel Urbán
Eeurodeputado de Podemos e Secretario de Europa desta formación
Maria Manuel Rola
Deputada na Assembleia da República de Portugal e membro da Comisión de Exteriores
Modera:
Marcos Pérez Pena
Xornalista
No ocaso dos violentos anos dez o fascismo esténdese de novo por Europa. O discurso anti-inmigración renova as vellas teorías racistas, pero sen dúbida, non consigue enmascaralas. No Estado español agroma tamén un fascismo autóctono servíndose da confrontación interna ao Estado. Solidariedade e apoio mútuo, empatía e perspectiva de clase. As cidades sen medo, os movementos sociais autónomos e algunhas institucións “rebeldes” plantan cara ás novas formas de darwinismo social que asoman a cabeza nos preámbulos do S. XXI.