Documental e Coloquio
Participan:
Jose Mejías
Ganemos Jerez
Rafa Sisto
Alcalde de Teo
Kika Gonzalez
Concelleira de Ganemos Jerez
Trileros del Agua é un documental de investigación periodística sobre os procesos de privatización do servizo municipal de augas dalgunhas cidades e vilas do Estado español. Esta película mostra a información que algunhas multinacionais evitan que se publique nos medios de comunicación, e quere converterse nunha ferramenta de contrapoder informativo ao servizo dos movementos sociais e políticos en defensa da auga como Dereito Humano e contra a especulación económica cos recursos básicos.
A festa do Magosto é unha parte fundamental da tradición galega e coruñesa. O lume, o froito da terra, a comunidade e a festa combínanse nun evento aberto a todas. Un momento catárquico no que a comunidade convive e se asenta.
A Coruña é unha cidade aberta, acolledora e integradora da diversidade. Pero ás veces, cando perdemos certas tradicións, tamén perdemos eses momentos en que traballamos a convivencia e nos coñecemos. É por iso que a Asociación M quere celebrar un Magosto na Agra do Orzán, no que toda a comunidade que vivimos neste barrio e, por extensión, en toda a cidade, lembremos que todas nos necesitamos, e xuntas somos máis fortes.
Continuar lendo “Magosto 2018”
Non vos perdades hoxe a guinda da visita de Fernando e Yayo.
Un divertidísimo monólogo de Fernando Cembranos titulado: É posible ser ecoloxista sen neurose?
Continuar lendo “É posible ser ecoloxista sen neurose?”
A asociación M organiza desde o venres 2 de novembro un obradoiro sobre ecoloxía social e ecofeminismo co título Capitalismo vs Vida.
Será impartido por dous grandes referentes da ecoloxía e o ecofeminismo na península, Yayo Herrero (antropóloga, enxeñeira, mestra e activista ecofeminista) e Fernando Cembranos (psicólogo, sociólogo e membro de Ecoloxistas en Acción).
Este obradoiro xorde co obxectivo de introducir a visión ecofeminista no desenvolvemento de políticas que permean o noso espazo, atendendo ás particularidades do territorio e contexto urbano.
Continuar lendo “Capitalismo Vs Vida”
As grandes ideas sempre son materializadas por comunidades pequenas, nos nodos máis cercanos á cidadanía. A profundización do cambio só pode vir e virá polas soberanías locais.
Municipalismo como reto para mudar as políticas desde abaixo. Para construír outras realidades que respondan ao ben común.
Xa queda menos dun mes para a Escola Municipalista de Outono.
Toda a información e inscripcións, aqui
#EMOCoruña2018 #Municipalismo
Atravesamos un presente turbulento. Parece que só o perigo asoma, pero somos quen de imaxinar un horizonte porque aínda somos quen de falar. Das conversas, dos debates, quedan murmurios: escoitase o futuro no que é común.
Ana Pardo De Vera e Belén Fernández Suárez, as voces que rompen os pactos.
Continuar lendo “Horizontes de ruptura”
Como analizar a conxuntura política actual? Como avanzar cara horizontes de ruptura?
Vivimos un momento de impasse entre unha crise sistémica que está lonxe de rematar e a súa superación, que aínda non se concreta nunha realidade sólida. Xunto aos actores que protagonizaron e promoveron o crack social e económico no que nos atopamos xorden tamén movementos de peche identitario que derivan en ocasións no neofascismo.
Enfronte, as alternativas de ruptura que, na súa expresión municipalista, necesitan seguir construíndo institucionalidade alternativa, pero tamén interaccionar cos movementos sociais comprometidos coa transformación.
Retos actuais que necesitamos resolver en común.
Continuar lendo “Horizontes de ruptura”