EMO 2018

A Escola Municipalista de Outono (EMO) é un encontro de debate, reflexión e formación en torno ao municipalismo e a súa potencialidade como movemento transformador e de ruptura, que se celebrará na Coruña os días 16 e o 17 de novembro de 2018.

A EMO é unha proposta aberta para repensar a democracia desde o local, no que estarán participando distintas propostas municipalistas e tamén representantes de movementos sociais, academia e partidos políticos. Un espazo imprescindible para enfrontar o desafío que representan as eleccións municipais de maio de 2019.

O programa da Escola concéntrase en dous días, con espazos diferenciados e adaptados ás diferentes temáticas que se queren abordar.

Descarga o programa completo en PDF