Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Capitalismo Vs Vida

2 Novembro as 17:00 - 3 Novembro as 20:00

10€

A asociación M organiza desde o venres 2 de novembro un obradoiro sobre ecoloxía social e ecofeminismo co título Capitalismo vs Vida.

Será impartido por dous grandes referentes da ecoloxía e o ecofeminismo na península, Yayo Herrero (antropóloga, enxeñeira, mestra e activista ecofeminista) e Fernando Cembranos (psicólogo, sociólogo e membro de Ecoloxistas en Acción).

Este obradoiro xorde co obxectivo de introducir a visión ecofeminista no desenvolvemento de políticas que permean o noso espazo, atendendo ás particularidades do territorio e contexto urbano.

O programa será o seguinte:

  • As formulacións ecofeministas atendendo ás particularidades do territorio e contexto urbano.
  •  Achegar a visión da sustentabilidade ás prioridades das medidas políticas.
  • A visión ecofeminista no desenvolvemento das políticas de igualdade, sociais e de coidados, economía social, emprego, vivenda e espazo público.

O custe do curso será de 10 euros de inscrición básica ou 40 euros da inscrición solidaria.

(Aforamento completo)

Formulario de inscrición

Tamén é posible a inscrición por mail en: obradoiroecofeminismo@eme.gal

Apurade, porque as prazas son limitadas!!!

Serán confirmadas posteriormente por orde de inscrición.

Horario :

Venres 2 de novembro de 17h a 19h

Sábado 3 de novembro de 10 a 14h e de 16h a 20h.

Detalles

Comezo:
2 Novembro as 17:00
Remate:
3 Novembro as 20:00
Custe:
10€

Recinto

Centro Cívico Cidade Vella
Rúa de Veeduría, 2
A coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Páxina web:
http://www.coruna.gal/portal/es/detalle/centro-civico-ciudad-vieja/entidad/1429665173429