
- Este evento pasou.
EMO – O auxe dos fascismos en Europa
16 Novembro, 2018 as 17:30 - 19:00
De balde
Encontro aberto
Presenta:
Sara Ribeiro
Espiral – Mocidade Republicana Galega
Participan:
Miguel Urbán
Eeurodeputado de Podemos e Secretario de Europa desta formación
Maria Manuel Rola
Deputada na Assembleia da República de Portugal e membro da Comisión de Exteriores
Modera:
Marcos Pérez Pena
Xornalista
No ocaso dos violentos anos dez o fascismo esténdese de novo por Europa. O discurso anti-inmigración renova as vellas teorías racistas, pero sen dúbida, non consigue enmascaralas. No Estado español agroma tamén un fascismo autóctono servíndose da confrontación interna ao Estado. Solidariedade e apoio mútuo, empatía e perspectiva de clase. As cidades sen medo, os movementos sociais autónomos e algunhas institucións “rebeldes” plantan cara ás novas formas de darwinismo social que asoman a cabeza nos preámbulos do S. XXI.