
- Este evento pasou.
EMO – Obradoiro de Mobilización
17 Novembro, 2018 as 12:30 - 14:30
12€
Obradoiro aberto (previa inscripción)
Participan:
Enric Bárcena
Membro da executiva de Barcenola En Comú e da plataforma vecinal Fem Sant Antoni
Bea Martínez
Concelleira do Districte d´Horta-Guinardó – Barcelona
Despois do período de grandes mobilizacións cidadás durante os anos 2012 a 2014, vivimos uns anos de refluxo, onde o protagonismo dos impulsos de ilusión e cambio e trasladaron cara a batalla institucional. Porén, no último ano estase a experimentar unha recuperación da pulsión fóra das institucións, co movemento feminista e a loita das pensións como puntas de lanza. Como lograr unha gran mobilización ao redor dos grandes desafíos que debemos afrontar no municipalismo no futuro máis próximo?