Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Magosto 2018

9 Novembro as 19:00 - 23:00

Magosto2018

A festa do Magosto é unha parte fundamental da tradición galega e coruñesa. O lume, o froito da terra, a comunidade e a festa combínanse nun evento aberto a todas. Un momento catárquico no que a comunidade convive e se asenta.

A Coruña é unha cidade aberta, acolledora e integradora da diversidade. Pero ás veces, cando perdemos certas tradicións, tamén perdemos eses momentos en que traballamos a convivencia e nos coñecemos. É por iso que a Asociación M quere celebrar un Magosto na Agra do Orzán, no que toda a comunidade que vivimos neste barrio e, por extensión, en toda a cidade, lembremos que todas nos necesitamos, e xuntas somos máis fortes.

Nesta festa haberá castañas recollidas por compañeiras voluntarias nunha produción ecolóxica de Vilasantar e haberá música ofrecida por veciñas do barrio, música galega, senegalesa, peruana e de todo tipo, nunha jam sesion que fará as delicias de todas. E, sobre todo, estaremos veciñas e veciños de todas as idades, procedencias, crenzas e modos de vida. Estaremos coñecéndonos, falando, cantando, bailando e desfrutando do outono e da noite na Agra do Orzán.

Será o venres 9 de novembro, a partir das 19h, na prolongación da Rúa Barcelona á altura do número 91.

💥 ATENCIÓN 💥

Para o venres anuncian choiva 🌧️… pero iso non vai evitar o noso magosto!
Será no local da S.D. Ciudad Jardín, no baixo do núm. 91 da rúa Barcelona (prolongación).
Nada mellor que castañas quentiñas e festa para pasar unha tarde de outono.
🌰💃🕺🌰

Non faltes!!! Fai cidade, fai barrio, fai comunidade!!!

Detalles

Data:
9 Novembro
Hora:
19:00 - 23:00

Recinto

Rúa Barcelona N91
Calle Barcelona 91
A coruña, A Coruña 15011 Spain
+ Google Map