Cargando eventos

eventos pasados

eventos Search and Views Navigation

Outubro 2018

Horizontes de ruptura

8 Outubro, 2018 as 20:00 - 22:00
Fundación Once, Rúa Cantón Grande, 3
A Coruña, A Coruña 15003 Spain
+ Google Map
De balde

Como analizar a conxuntura política actual? Como avanzar cara horizontes de ruptura? Vivimos un momento de impasse entre unha crise sistémica que está lonxe de rematar e a súa superación, que aínda non se concreta nunha realidade sólida. Xunto aos actores que protagonizaron e promoveron o crack social e económico no que nos atopamos xorden tamén movementos de peche identitario que derivan en ocasións no neofascismo. Enfronte, as alternativas de ruptura que, na súa expresión municipalista, necesitan seguir construíndo institucionalidade…

Máis información »

Novembro 2018

Capitalismo Vs Vida

2 Novembro, 2018 as 17:00 - 3 Novembro, 2018 as 20:00
Centro Cívico Cidade Vella, Rúa de Veeduría, 2
A coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
10€

A asociación M organiza desde o venres 2 de novembro un obradoiro sobre ecoloxía social e ecofeminismo co título Capitalismo vs Vida. Será impartido por dous grandes referentes da ecoloxía e o ecofeminismo na península, Yayo Herrero (antropóloga, enxeñeira, mestra e activista ecofeminista) e Fernando Cembranos (psicólogo, sociólogo e membro de Ecoloxistas en Acción). Este obradoiro xorde co obxectivo de introducir a visión ecofeminista no desenvolvemento de políticas que permean o noso espazo, atendendo ás particularidades do territorio e contexto…

Máis información »

É posible ser ecoloxista sen neurose?

3 Novembro, 2018 as 22:30 - 23:30
A repichoca, Orillamar 13
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map

Non vos perdades hoxe a guinda da visita de Fernando e Yayo. Un divertidísimo monólogo de Fernando Cembranos titulado: É posible ser ecoloxista sen neurose? Achégate pola Repichoca ás 22:30h e comparte con nós unha estupenda noite de ecoloxía tomada con moi bo humor!!!

Máis información »
+ Exportar eventos