EMO – Obradoiro de Facilitación

Obradoiro aberto (previa inscripción)

Participan:

María Martínez Quintana

Mediadora e facilitadora de grupos. Coordinadora do Grupo de Mediación da Marea Atlántica

Brais García Fernández

Sociólogo especializado en democracias e metodoloxías para a participación

Que tipo de organizacións queremos para facilitar que se cumpran os obxectivos do colectivo coidando á vez ao grupo humano? Que
tipo de activismo e militancia buscamos dentro das organizacións? Que ferramentas aplicamos e cales podemos aplicar na procura dunha participación sostible, sana e produtiva? Estas son algunhas das preguntas que tratemos de responder de xeito colectivo no obradoiro. Se estás nunha asociación ou organización e queres explorar as viabilidades.

Inscripcións en EMO 2018

EMO – Obradoiro de Mobilización

Obradoiro aberto (previa inscripción)

Participan:

Enric Bárcena

Membro da executiva de Barcenola En Comú e da plataforma vecinal Fem Sant Antoni

Bea Martínez

Concelleira do Districte d´Horta-Guinardó – Barcelona

Despois do período de grandes mobilizacións cidadás durante os anos 2012 a 2014, vivimos uns anos de refluxo, onde o protagonismo dos impulsos de ilusión e cambio e trasladaron cara a batalla institucional. Porén, no último ano estase a experimentar unha recuperación da pulsión fóra das institucións, co movemento feminista e a loita das pensións como puntas de lanza. Como lograr unha gran mobilización ao redor dos grandes desafíos que debemos afrontar no municipalismo no futuro máis próximo?

Inscripcións en EMO 2018

EMO – Obradoiro de participación

Obradoiro aberto (previa inscripción)

Participan:

Laia Forné Aguirre

Asesora da Concellaría de Participación e Territorio de Barcelona

Son as sociedades máis xustas canto máis participadas? Que ten que significar a participación para acadar unha sociedade máis
xusta? Participación é unha desas palabras que se repiten desde 2011 con forza. Entre as demandas do 15M atopábase a dunha maior participación da cidadanía na vida pública, ben promovendo ILPs, referendos… Todo tipo de organismos se sumaron ao mantra da participación e con todo, pouco nos temos parado a examinar o seu significado.

Inscripcións en EMO 2018

EMO – Obradoiro de comunicación

Obradoiro aberto (previa inscripción)

Participan:

Mariano Fernández Cabarcos

Red Estatal de Medios Comunitarios

Cris Díaz Pardo

Equipo de Prensa Concello de A Coruña

Inés Dopazo

Equipo de Prensa do Concello de Compostela

Como xestionar a comunicación nas nosas organizacións nun escenario no que os grandes medios de comunicación usan todo o seu poder para atacar as alternativas de ruptura? Como enfrontar a deriva das fake news e do uso masivo de algoritmos e datos privados para que as elites coloquen as súas mensaxes e a súa propaganda? Como aproveitar as redes sociais para comunicar as necesidades de cambio? Que papel xogan e poden xogar os medios comunitarios e a prensa alternativa?

Inscripcións en EMO 2018